viernes, 8 de agosto de 2014

VIGO ANTIFASCISTA!


Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo anunciamos que por fin temos nas nosas mans as camisetas de Vigo Antifascista e esperamos que vos gusten tanto como a nós!
O prezo é de 8€ e os beneficios que se lle extraen van íntegramente destinados a axudar aos estudantes encausados da folga do 20-N que precisen máis axuda. Principalmente para o noso compañeiro Adriel que está á espera dun xuízo penal e ten que correr con moitos gastos. 
Nuns días as camisolas estarán á venta nos centros sociais A Revolta do Berbés (Rúa Real, 12) e no Bou Eva (Terzo de Fóra, 11). Para máis información contactádenos por privado.
Ademais temos unha SORPRESA! Xa que REGALAREMOS UNHA CAMISETA por Facebook a aquela persoa que comparta esta publicación e teña máis gústames dende este momento ata o 15 de agosto ás 12:00. Acto seguido anunciaremos a gañadora/or e poñerémonos en contacto con el/a para por á súa disposición o premio.
Agradecémosvos moito a vosa solidariedade mercando a camisola ou difundindo esta información por redes sociais ou polo boca a boca. 
VIGO ANTIFASCISTA!


domingo, 15 de junio de 2014

LOITAR, LOITAR E LOITAR!

(Palabras de Adriel Juncal)


Galego:


Gustaríame agradecervos as mostras de solidariedade que me estades a profesar nas últimas semanas dende cidades e vilas moi diversas.
Sen a vosa axuda non me atoparía con tantas forzas a día de hoxe.

Son consciente do que o meu caso non é algo illado, que moitas outras persoas se atopan nunha situación similar. Que por manifestarnos contra as súas políticas pretenden encerrarnos anos na cadea con acusacións totalmente falsas.
Todas as miñas forzas para elas, e para quen xa foi vítima da represión deste Estado nun pasado e hoxe loita dende dentro das cadeas.

Quero aproveitar tamén para deixar constancia de que non me vou render, non van lograr amedrentarme fronte a esta montaxe policial encuberta pola fiscalía.

Moitas grazas.

LOITAR, LOITAR, LOITAR!


Castellano:


Me gustaría agradeceros las muestras de solidaridad que me estáis mostrando las últimas semanas desde ciudades y pueblos muy diversos.
Sin vuestra ayuda no me encontraría con tantas fuerzas a día de hoy.

Soy consciente de que mi caso no es algo aislado, que muchas otras personas se encuentran en una situación similar. Que por manifestarnos contra sus políticas pretenden encerrarnos años en la cárcel con acusaciones totalmente falsas.
Todas mis fuerzas para ellas, y para quien ya fue victima de la represión de este Estado en un pasado y hoy lucha dentro de las cárceles.

Quiero aprovechar también para dejar constancia de que no me voy a rendir, no van a lograr amedrentarme frente a este montaje policial encubierto por la fiscalía.

Muchas gracias.

LUCHAR, LUCHAR, LUCHAR!




jueves, 12 de junio de 2014

STOP MONTAXES POLICIAIS!

Galego
A fiscalía solicita para Adriel 4 anos e medio de cadea e 4800€ de multa por manifestarse o pasado 20 de novembro nas rúas de Vigo contra a LOMCE do ministro Wert.

Despois de non aceptar a petición de absolución, agora rexeitan as probas que demostran graficamente que ningunha das acusacións vertidas sobre el son certas.
Non podemos permitir que este Estado fascista continúe a encher as cadeas con quen loita contra as súas políticas. Sae a rúa e solidarízate, denuncia a represión! Hoxe é el, mañá podes ser ti.

Castellano

La fiscalía solicita para Adriel 4 años y medio de prisión y 4800€ de multa por manifestarse el pasado 20 de noviembre en las calles de Vigo contra la LOMCE del ministro Wert.

Después de no aceptar la petición de absolución, ahora rechazan las pruebas que demuestran gráficamente que ninguna de las acusaciones vertidas sobre él son ciertas. No podemos permitir que este Estado fascista continúe llenando las cárceles con quienes luchan contra sus políticas.

Sal a la calle y solidarízate,
¡denuncia la represión!
Hoy es él, mañana puedes ser tú.





sábado, 10 de mayo de 2014

Camisetas do Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo


O vindeiro 17 de maio agardamos sacar á venda, coincidindo coa celebración do evento solidario ¡En Galego!, a nosa primeira camiseta. 

Velaí o deseño:

O prezo será de 6€.

A partir desa data poderán mercarse contactando co Colectivo a través de: colantestvigo@gmail.com

Vigo antifascista!

viernes, 9 de mayo de 2014

O Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo celebra o Día das Letras Galegas!


O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, animádevos a acudir ao C.S.O.A A Quinta da Carmiña (Rúa do Carme nº1- ao carón do Santo Tomé)! Haberá rap e poesía en galego da man de Saúl Zaitsev e Katán, Oliver Botana, Carlos Le Roux, André Solinho e Klitoris. Tamén contaremos cos DJ's Lucas Selektah e Mario Sound.

O evento, organizado polo Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo en solidariedade co estudantado represaliado, comezará ás 21.30, a entrada é de balde e haberá prezos populares nas consumicións (a Estrella Galicia a 1€).

Estarán tamén a disposición de todas: camisetas, cd's, pegatinas, etc.

Non faltedes!


jueves, 1 de mayo de 2014

CONCERTO SOLIDARIO "LA COMISIÓN DE LA ESTACA" + ARTISTAS INVITADOS


Este sábado 3 de marzo tedes unha cita na Cova do Trasgo! Celebrarase un concerto solidario co movemento estudantil independente no que actuarán Oliver Botana, Pipe Díaz e Saúl Zaitsev, xunto con outros artistas invitados (Sánchez Ceive, Katán, SiNe, etc).


Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo animámosvos a asistir! Na Cova do Trasgo ás 22:45 por só 3 € (con consumición incluída).


Oliver Botana- Sin alternativas : https://www.youtube.com/watch?v=JouzjgH_Jwg 

Pipe Díaz- Amor a mi clase: https://www.youtube.com/watch?v=z7axXkSWXdY

Saúl Zaitsev- Boikot a la SEcta: https://www.youtube.com/watch?v=temPijk3y84

jueves, 10 de abril de 2014

XORNADA SOLIDARIA CON ADRIEL E HÉCTOR



Galego:

Tanto Adriel Juncal coma Héctor Fernández foron  detidos na pasada folga estudantil do 20 de novembro en Vigo. No caso de Adriel, acúsano de atentado á autoridade por lanzar un obxecto, acto que el non realizou (e que probas en vídeo o confirman, amosando a orixe do mesmo). Aquí tedes un enlace con máis información sobre o seu caso (http://colectivoantirrepresivoestudantilvigo.blogspot.com.es/).

O vindeiro domingo día 13 de abril organizan unha xornada solidaria na Carballeira da Guía de Teis (Vigo) a partires das 12.30 do mediodía. A xornada consistirá nun xantar, petiscos, aberto de billarda e unha foliada. Todo o que se recade irá destinado a axudar nos procesos xudiciais aos que ambos mozos se enfrontan.

Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo animámosvos a solidarizarvos con estes mozos acudindo a esta xornada.



Fronte á súa represión, a solidariedade é a mellor arma!

_____________________________________

Castellano:

Tanto Adriel Juncal como Héctor Fernández fueron detenidos en la pasada huelga estudiantil del 20 de noviembre en Vigo. En el caso de Adriel, es acusado de atentado a la autoridad por lanzar un objeto, acto que el no realizó (y que pruebas en vídeo lo confirman mostrando el origen del mismo). Aquí tenéis un enlace y más información sobre su caso (http://colectivoantirrepresivoestudantilvigo.blogspot.com.es/). El próximo domingo día 13 de abril se organiza una jornada solidaria en la Carballeira da Guía de Teis (Vigo) a partir de las 12.30 del mediodía. La jornada consistirá en una comida, aperitivos, abierto de billarda y una foliada. Todo lo que se recaude irá destinado a ayudar en los procesos judiciales a los que ambos jóvenes se enfrentan.
Desde el Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo os animamos a solidarizaros acudiendo a la jornada. 

Frente a su represión, la solidaridad es la mejor arma!