martes, 8 de abril de 2014

Quérenme condenar a 4 anos de cadea

Galego:

O delito? Ser maior de idade e participar nunha folga estudantil


O meu caso é semellante ao de miles de mozxs galegxs que sofren atoparse na situación dun paro laboral de longa duración (preto de 2 anos)

Durante este tempo, puiden traballar  por días soltos e facer cursos para desempregados , pero vendo que seguía sen atopar traballo ao comezo do curso actual, decidín retomar os meus estudos.


Isto levoume a participar na manifestación do pasado 20 de novembro , en defensa da educación pública e gratuíta , a que me deu a oportunidade de recuperar os meus estudos.


Ese día , produciuse unha carga desproporcionada e indiscriminada polos corpos da policía nacional contra os menores que decidiron manifestarse.

Eu, que era unha das persoas que estaba preto dos feitos, decidín reprochar a actitude agresora e arrogante aplicada aos menores, cando de súpeto, comezaron a reproducirse as cargas e atópome envolto  no medio do barullo.

Vítima tamén desta segunda carga e no intre no que un dos policías facía o aceno de me bater, un obxecto é lanzado dende as miñas costas e impáctalle no rostro.

( Hai un vídeo que amosa a orixe do mesmo )

Dende ese intre pretenden inculparme de ser a persoa que guindou e protagonizou a agresión, polo cal, minutos despois, proceden a determe con cargo de atentado contra a autoridade e a exixirme de 2 a 4 anos de cadea por uns actos dos que non fun autor.


Coma comentei, atópome en desemprego e agora mesmo non dispoño dos medios precisos para poder afrontar unha defensa en condicións -avogado e procurador- desta inxusta acusación.


Agradecería moito calquera mostra de solidariedade por pequena que for.


Un número de conta co que podedes colaborar neste proceso:


2100-2301-59-0100347194 La Caixa



Adriel


Castellano:

¿El delito? Ser mayor de edad y participar en una huelga estudiantil



Mi caso es similar al de miles de jóvenes gallegxs que sufren encontrarse en la situación de un paro laboral de larga duración (2 años aproximadamente)
Durante este tiempo he podido trabajar por días sueltos y hacer cursos para desempleados, pero viendo que continuaba sin encontrar trabajo al comienzo del actual curso decidí retomar mis estudios.

Ello me llevó a participar en la manifestación del pasado 20 de noviembre, en defensa de la enseñanza pública y gratuita, la que me ha dado la oportunidad de recobrar mis estudios.


Ese día se produjo una carga desproporcionada e indiscriminada por los cuerpos de la policía nacional contra los menores que decidieron manifestarse.

Yo, que era una de las personas que me encontraba cerca de los hechos, decidí reprochar la actitud agresora y chulesca aplicada hacia los menores, cuando de pronto comenzaron a reproducirse las cargas y me veo envuelto en medio del revuelo.

Víctima también de esta segunda carga, en el instante en el que uno de los policías hacía gesto de golpearme, un objeto es lanzado desde mis espaldas y le impacta en el rostro.

(Hay un vídeo que demuestra el origen del mismo)

Desde ese instante pretenden culparme de ser la persona que ha arrojado y protagonizado la agresión, por lo cual minutos después proceden a detenerme con cargo de atentado contra la autoridad y exigirme de 2 a 4 años de prisión por unos actos de los que no he sido autor.


Como he comentado me encuentro en paro y ahora mismo no dispongo de los medios suficientes para poder afrontar una defensa en condiciones, abogado y procurador, de esta injusta acusación.


Agradecería de gran manera cualquier muestra de solidaridad por pequeña que fuese.


Un número de cuenta con el que podéis colaborar en este proceso:


2100-2301-59-0100347194 La Caixa


Adriel


Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo queremos mostrar a nosa solidariedade co compañeiro Adriel e denunciar o seu caso, que é unha mostra máis do carácter represivo deste Estado o cal fai cada vez máis mella na xuventude que loita polo seu futuro. 


Difusión, solidariedade e denuncia!


STOP REPRESIÓN! ADRIEL ABSOLUCIÓN!




No hay comentarios:

Publicar un comentario